Bouzouki BLV-620

BLV-620

Este Bouzouki está construido partindo das medidas da caixa armónica dunha guitarra portuguesa de 1.805. A lonxitude vibrante é a máis usada nos Bouzoukis Irlandeses. 4 cordas dobres con posibilidade de facelo con 5 cordas dobres.


Información Técnica:

Madeiras:

  • Tapa: Abeto europeo / Cerdeira
  • Fondo e Aros: Coco-bolo
  • Mástil: Arce
  • Diapasón: Ébano
  • Ponte: Ébano
  • Caravillas mecánicas Schaller M6 con bloqueador: Ébano

Medidas:

  • Largo total: 90 cm
  • Lonxitude vibratoria: 620 mm

Afinación estándar:

  • SOL RE LA MI
  • SOL RE LA RE

Posibilidade de personalización do instrumento.