O proceso de construción das nosas pandeiretas é manual na súa totalidade. Unha característica salientable é o seu baixo peso. A unión do bastidor co aro da pandeireta lévase a cabo cun sistema de parafusos, o que facilita un cambio de tensión ou desmontaxe rápida. Outra cualidade é a opción de escoller entre diferentes tipos de ferriñas. As peles utilizadas son dunha grande calidade. Hai posibilidade de tensar os parches dunha forma rápida.
Información Técnica
Madeiras
- Arce
- Cerdeira
- Ciprés
- Nogueira
- Piñeiro
Tipo de ferriñas
- Folla de lata (prateadas)
- Latón (douradas)
- Temperadas
- Pavonadas
Tintes
- Amarelo
- Azul
- Caoba
- Laranxa
- Negro
- Verde
- Vermello
- Violeta
Diámetros
- 5 pares – 19,5 cm
- 7 pares – 22,5 cm
- 9 pares – 23,5 cm
- 11 pares – 26 cm
Existen todos os diámetros con 2 pares de sonajas menos.